Así pois, na aula débense conxugar espazos que proporcionen seguridade e estabilidade, favorecendo o contacto individual do/a pequeno/a coa persoa adulta, con outros que favorezan a autonomía, o movemento e a socialización. Así mesmo, debemos ofrecerlle ao alumnado contornos ricos en estímulos e experiencias, que fomenten a comunicación e que inviten á exploración, ao descubrimento e á actividade lúdica.
Por outra banda, na organización do espazo non debemos obviar as necesidades das persoas adultas que interveñen no proceso educativo (profesorado, familias, persoal de administración e servizos...). Polo tanto, o centro debe contar con espazos reservados para o equipo educativo e o persoal non docente (zonas de traballo e reunión), e espazos destinados ao encontro coas familias, tanto de xeito individual como grupal.
Non debemos esquecer que a organización do espazo debe ser flexible e susceptible de modificacións segundo as necesidades que vaian xurdindo no grupo.
Así mesmo, a escola infantil debe proporcionar espazos seguros, confortables e atraentes, adecuados ao momento evolutivo dos nenos e as nenas.
O espazo debe estar coidadosamente preparado para a incorporación do alumnado, tendo en conta os criterios mencionados con anterioridade. No entanto, no período de adaptación implicar o alumnado na decoración e personalización da aula favorecerá a súa integración e o sentimento de pertenza ao grupo (decoración dos rótulos dos recunchos, personalización das perchas, etc.).
O noso centro conta cos seguintes espazos:
Espazos interiores:
- Recibidor, galería, corredores e servizos
- Dependencias para o profesorado e o persoal non docente
- Zona de encontro coas familias
- Sala de usos múltiples
- Aulas dos diferentes grupos
- Patio exterior con areeiro
- Patio cuberto
- Horta
- Recibidor
- Zona de aseo con lavabo e inodoro
- Zona de asemblea (alfombra)
- Recuncho do xogo simbólico
- Recuncho da Biblioteca
- Recuncho da Plástica
- Recuncho das construcións
- Recuncho do movemento
Ningún comentario:
Publicar un comentario