O tempo

A incorporación dos nenos e as nenas á escola pasa por diferentes momentos:
Primeira toma de contacto das familias coa escola (matriculación): no momento da matriculación no centro escolar establécese un primeiro contacto entre o profesorado e as familias, sen a presenza dos nenos e as nenas. É conveniente organizar unha xuntanza para dar a coñecer a escola como organización, informar sobre as normas do centro e os servizos que ofrece, presentar o profesorado, expoñer as liñas básicas do proxecto educativo, informar sobre os horarios da aula, xustificar e explicar o período de adaptación, explicar a necesidade de prepara os nenos e as nenas durante o verán reforzando hábitos que favorezan a súa autonomía, animar os pais e as nais a expresar as súas dúbidas ou inquedanzas, etc.
Primeira visita do neno á escola: despois da primeira toma de contacto das familias co centro educativo, é conveniente que o alumnado acuda á escola xunto coa súa familia antes do inicio do curso (no mes de xuño) para coñecela e explorar o ambiente sen a interferencia doutros nenos e nenas.
Fase de entrevistas individualizadas coas familias: no mes de setembro, antes da incorporación dos nenos e as nenas á escola, realizaranse entrevistas persoais coas familias, nas que o profesorado recopilará información relevante sobre o alumnado e a súa familia. Cubrirase un cuestionario e incidirase na importancia do período de adaptación e na explicación do seu desenvolvemento. Nesta segunda fase tamén se pode organizar unha xornada de portas abertas para as familias e os/as nenos/as.
Incorporación dos nenos e nenas á escola e período de adaptación propiamente dito: é moi importante que o primeiro contacto do neno coa escola non se produza día da súa incorporación. Os nenos e as nenas deben incorporarse á escola minimamente familiarizados co entorno escolar. Así mesmo, é fundamental que os primeiros días o/a neno/a acuda á escola acompañado dunha persoa coa que teña un vínculo estreito, cuxo tempo de permanencia dependerá das necesidades de cada neno/a. Non debemos esquecer que na educación infantil, e particularmente durante o período de adaptación, é especialmente importante respectar os tempos individuais do alumnado.
Nesta fase o alumnado incorporarase progresivamente á vida escolar. O grupo das Xoaniñas está composto por nenas e nenos de nova incorporación ao centro, polo que a programación do período de adaptación será igual para todos/as. A incorporación dos nenos e as nenas farase de xeito gradual, en dous grupos de 5 nenos (grupo A e grupo B), segundo os criterios acordados previamente coas familia, e de acordo co seguinte horario:

HORARIO DA FASE DE CONTINUIDADE
1ª SEMANA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
A: 10:00 -11:OO H
B: 12: 00- 13:00 H
B: 10:00 -11:OO H
A: 12: 00- 13:00 H
A: 10:00 -11:OO H
B: 12: 00- 13:00 H
B: 10:00 -11:OO H
A: 12: 00- 13:00 H
A: 10:00 -11:OO H
B: 12: 00- 13:00 H
2ª SEMANA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
TODOS (A+B)
10:00-11:00 H
TODOS (A+B)
10:00-12:00 H
TODOS (A+B)
10:00-12:00 H
TODOS (A+B)
10:00-12:00 H
TODOS (A+B)
10:00-12:00 H




Ningún comentario:

Publicar un comentario