O día 5 de setembro gozamos dunha xornada de portas abertas na que educadores/as, cativos/as e familias compartimos intensos momentos de reencontros e presentacións. As nenas e os nenos, xunto coas súas familias, achegáronse á escola para explorar e gozar de actividades lúdicas en diferentes espazos do centro.